miércoles, 14 de enero de 2015

1.3- A vexiga

A vexiga urinaria é o órgano oco no que se almacenan os ouriños formados nos riles. Os ouriños chegan á vexiga procedente dos riles por dous uréteres e elimínase cara ao exterior a través da uretra. A vexiga dos ouriños é un depósito elástico, formado por fibra muscular lisa que ten unha capacidade que varía en torno a 1 litro, pero tense sensación de enchedura ("ganas de mexar") dende os 400 centímetros cúbicos.

2.4- A Uretra

A uretra é o conduto a través do cal se eliminan os ouriños cara ao exterior. É un tubo que parte da zona inferior da vexiga e posúe no seu comezo dous esfínteres ou válvulas musculares que controlan o paso dos ouriños. A uretra é diferente en cada sexo, xa que no varón intervén na función reprodutora. A uretra feminina ten unha lonxitude de 3 a 4 cm e vai dende a base da vexiga ao exterior, rematando entre os dous labios menores, diante da abertura vaxinal. Na uretra masculina, de 17 a 20 cm de lonxitude, distínguense tres partes: porción pélvica, rodeada pola próstata; porción membranosa e porción esponxosa. Esta última corresponde ao pene.


2.1- Os riles

É a parella de órganos cuxa función é a elaboración e a excreción de ouriños. No ser humano, os riles sitúanse a cada lado da columna vertebral, na zona lumbar, e están rodeados de tecido graxo.

Teñen forma de feixón. Miden uns 12 cm de longo por 5 cm de ancho e 3 cm de grosor. Pesan ao redor de 150 gramos cada un.

No seu interior distínguense dúas zonas: a codia, de cor amarelenta e situada na periferia, e a medula, zona máis interna e avermellada. Un ril é, en esencia, un filtro que actúa como:

a) Órgano regulador: mantén no sangue unha cantidade sempre igual de auga, sales e glicosa.

b) Órgano depurador: o ril extrae do sangue os produtos nocivos, como a urea ou o ácido úrico e os expulsa ao exterior.


4- As glándulas sudoríparas

As glándulas sudoríparas son as encargadas de excretar a suor. A suor contén auga, sales minerais e un pouco de urea. Non obstante, a misión excretora das glándulas é secundaria. A súa principal función é a de regular a temperatura corporal mediante a evaporación da auga expulsada. Nalgúns momentos pódese perder ata 1 litro de auga por hora. As glándulas sudoríparas están repartidas por toda a pel, pero son máis numerosas na cabeza, axilas e palmas das mans.


2- O aparato urinario humano

O aparato urinario é o conxunto de órganos que producen e excretan ouriños, o principal líquido de refugallo do organismo. O aparato urinario humano consta dos riles, os uréteres, a vexiga urinaria e a uretra.
Os ouriños, que se forma nos riles, fíltranse a través dos uréteres, acumúlanse na vexiga e son expulsados ao exterior pola uretra.









No hay comentarios:

Publicar un comentario